Saltear al contenido principal

O patrimonio máis vivo de Pontevedra

Jaime Blanco , guía por unha hora

DSC00058
Jaime Blanco descubrindo detalles que habitualmente nos pasan desapercibidos
DSC00072
2º GUIAT ante unha palma de sagú

 

Xaime Blanco, presidente da asociación micolóxica Brincabois, que vén de receber o  Premio Cidade de Pontevedra 2014 polo seu labor cultural e divulgativo arredor do mundo dos cogumelos, fixo desta vez de guía do alumnado de 2º CS Guía, información e asistencia turísticas do CIFP Carlos Oroza, nun entorno privilexiado como é o xardín da Alameda, descubrindo o patrimonio máis vivo de Pontevedra.

 

Araucaria Excelsa, fermosa árvore coa que comezou a visita

Recursos como a Araucaria Excelsa, o Callistemon Linearis máis coñecido como limpatubos, ou a Cinnamomum Camphora, da que hai anos se facían as bolas de alcanfor e curmá do aguacate, laurel e a afrodisíaca canela, ou o Pau Borracho orixinario de Brasil, e que a pesar de non completar o seu ciclo vital por mor das temperaturas pontevedresas e non amosar flor, sen embargo si aporta unha fermosa sombra ao carón do edificio da antiga delegación de educación. Eso sí, hai que gardar as distancias, os  seus peculiares picos do tronco, aínda que non pinchan, non convidan a descansar sobre él.

O achegamento á flora ornamental do entorno da alameda de Pontevedra é o comezo dunha actividade posterior que o alumnado adaptará para a ONCE tralo aprendido con Jaime Bernardo Blanco.

Profesoras organizadoras: Tina Otero e María Morales

 Álbum da xornada

PontevedraViva

Diario de Pontevedra

Faro de Vigo

La voz de Galicia