O hotel Casual pecha as súas portas ata o ano que ven
A semana pasada celebrouse a clausura do hotel Casual, que pecha as súas portas tras meses de intensa actividade. Durante o evento, o alumnado de 2º Curso de Xestión de Aloxamentos Turísticos, comandado polas profesoras Ana Beatriz López e Teresa Barreiro, explicou ós asistentes o día a día na empresa simulada, unha experiencia inesquecible que quedou reflectida nos vídeos e fotos que se proxectaron durante o acto. Despois, nada mellor que gozar dun aperitivo organizado polo profesor Carlos Rodríguez e os seus alumnos e alumnas e levarse de recordo unha graciosa toalla en forma de can.
Pero isto máis que unha despedida non é mais que o comezo para o alumnado de Aloxamentos, que en menos de dúas semanas tomarán contacto co mundo empresarial a través das súas prácticas, unha labor que sen dúbida será moito máis sinxela grazas a súa experiencia nun hotel Casual que agarda impaciente ós seus próximos “traballadores”. Pero iso xa será o ano que ven.