O galego e os videoxogos
O 12 de abril o alumnado de 1º e 2º da FP Básica asistiu a unha charla da Mesa pola Normalización impartida por Carlos Vieito.
Explicou a importancia do galego e da nosa cultura como factor diferenciador, pero tamén integrador dentro dun mundo tan globalizado e puxo de relevo as repercusións que implica na nosa economía. Amosou varios videoxogos creados en Galiza que mostran a nosa cultura e que estanse a ver no mundo enteiro.
O remate da mesma houbo un pequeno debate no que participaron activamente.