Saltear al contenido principal

O CIFP Carlos Oroza, de novo presente nos premios Princesa de Asturias

O pasado fin de semana o alumnado do CIFP Carlos Oroza tivo a oportunidade de participar na celebración dos premios Princesa de Asturias, concretamente na preparación do bufé e o cóctel de honra que tiveron os galardoados o venres 23.

IMG-20151026-WA0007
O alumnado do CIFP Carlos Oroza recibe instruccións antes do evento.

Desta maneira, os rapaces e rapazas de segundo curso dos Ciclos de Dirección de Cociña e Dirección de Servizos en Restauración (en réxime presencial e Dual) foron testemuñas de todas as xestións e planificacións necesarias neste tipo de eventos, ademais de poder participar activamente nos mesmos e comprobar o protocolo, seguridade e outros coñecementos que sen dúbida enriquecerán a súa experiencia académica e profesional.

Galería de imaxes.