Novo ciclo superior de FP Dual en Dirección de Servizos de Restauración especializado en Protocolo e Xestión de eventos
Especialízate en Protocolo e Xestión de Eventos co CIFP Carlos Oroza
Queres desenvolver a túa carreira profesional no sector da restauración e formarte en módulos do CS de Xestión de aloxamentos turísticos? O CIFP Carlos Oroza presenta o seu novo ciclo superior de FP Dual en Dirección de Servizos de Restauración con unha oferta parcial en Xestión de Aloxamentos Turísticos. Esta formación está deseñada para aqueles estudantes interesados en especializarse en Protocolo e Xestión de Eventos.
Que ofrece esta formación?
- Especialización en Protocolo e Xestión de Eventos: Adquire as competencias necesarias para organizar e xestionar eventos e seguir os protocolos específicos do sector.
- Prácticas remuneradas: Desde o primeiro ano, os alumnos realizarán prácticas remuneradas en empresas destacadas do sector, adquirindo experiencia práctica valiosa.
- Duración de 2 anos: Este ciclo ten unha duración de tres anos, ofrecendo unha formación completa e especializada.
A quen vai dirixido?
Este ciclo está dirixido a estudantes que desexan especializarse na Dirección de servizos de restauración preparándose para liderar en empresas de servicios que requiren unha alta cualificación en Protocolo e xestión de eventos relacionados con sector a Hostalería e o Turismo.
Vantaxes de escoller o CIFP Carlos Oroza
O CIFP Carlos Oroza é o centro de referencia na formación de Hostalería e Turismo en Galicia. Con esta nova titulación, os nosos estudantes obterán unha formación de calidade, combinando coñecementos teóricos e prácticos que lles permitirán liderar no sector da restauración.
Empresas colaboradoras
Requisitos de acceso
Para coñecer os requisitos de acceso e máis detalles sobre o programa, visita a nosa páxina web en CIFP Carlos Oroza Formación.
Inscríbete agora e comeza a túa carreira en Dirección de Servizos de Restauración.
Queres destacar no sector da restauración e xestión de eventos? Non perdas esta oportunidade única. Infórmate e apúntate hoxe mesmo no CIFP Carlos Oroza para comezar a construír o teu futuro profesional.