Saltear al contenido principal

En abril, nova oferta formativa para persoas desempregadas

No mes de abril está prevista no CIFP Carlos Oroza unha nova edición de accións formativas dirixidas a persoas desempregadas, orientadas á mellora da cualificación profesional e á inserción laboral no sector.

En próximas datas abrirase o proceso de selección de participantes para dúas AFD que se desenvolverán no noso centro:

HOTR0108 – Operacións básicas de cociña.

Competencia Xeral: Preelaborar alimentos, preparar e presentar elaboracións culinarias sinxelas e asistir na preparación de elaboracións máis complexas, executando e aplicando operacións, técnicas e normas básicas de manipulación, preparación e conservación de alimentos.

Horas:

  • 340 no CIFP Carlos Oroza
  • 88 horas de prácticas en empresas

 

HOTR0109 – Operacións básicas de pastelaría.

Competencia xeral: Preelaborar, elaborar e presentar elaboracións sinxelas de pastelaría e asistir seguindo instruccións na preparación doutras máis complexas, realizando operacións básicas de aprovisionamento interno e aplicando técnicas e normas básicas de manipulación, preparación e conservación de alimentos.

Horas:

  • 385 no CIFP Carlos Oroza
  • 103 horas de prácticas en empresas
Para máis información, contacten co departamento de orientación ou coa xefatura de estudos do noso centro no 886 159 545.
Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.