Consigue dous dos títulos mais demandados en turismo coa nova Doble titulación de FP Dual no CIFP Carlos Oroza
Gustaríache converterte no profesional máis completo do sector turístico? O CIFP Carlos Oroza ofréceche unha oportunidade única! Inscríbete no noso novo ciclo superior de FP Dual: Dobre titulación en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos e Guía, Información e Asistencia Turísticas con oferta parcial en Animación Sociocultural e Turística.
A quen vai dirixido?
Esta titulación está dirixida a aqueles estudantes de turismo que desexen desenvolverse como profesionais nos touroperadores máis importantes das provincias de Pontevedra e A Coruña. Estes touroperadores abarcan todo o territorio nacional e gran parte do territorio internacional, proporcionando unha formación completa e global.
Por qué elixir esta formación?
- Especialización en animación turística: Galicia, cos seus múltiples Camiños de Santiago, atrae a numerosos visitantes que requiren profesionales especializados na animación turística. Esta especialización prepararate para satisfacer esta demanda crecente.
- Prácticas remuneradas: Dende o primeiro curso, o alumnado realizará prácticas remuneradas en empresas relevantes do sector. Esta experiencia laboral temperá é fundamental para o teu desenvolvemento profesional.
- Duración de 3 anos: O ciclo ten unha duración de tres anos, o que che vai permitir adquirir unha formación sólida e completa.
Empresas colaboradoras
Requisitos de acceso
Para coñecer os requisitos de acceso e mais detalles sobre o programa, haz click aquí.
Inscríbete agora e comeza a tua carreira profesional no sector turístico
Apaixónache o turismo e queres ser un profesional top? Non perdas esta oportunidade única! Visita a nosa páxina web en CIFP Carlos Oroza Formación infórmate do noso plan de estudios e reserva tu plaza hoxe mesmo para comezar a construir o teu futuro nun dos sectores más dinámicos e emocionantes.