
Moitos golpes de mar
Coñecer o Salnés é achegarse ao mar, tentar coñecelo, mergullarnos de cheo nunha fábrica de salazón convertida en museo, entender porque ata Cambados chegaron normandos e vikingos, experimentar coas marisqueiras de Combarro un anaco do día a día co raño, comprender o sentido das palleiras, xeito en como son chamados os cabozos nesta vila, interpretar os cruceiros que mollan os pés no mar, adiviñar todo o que se agocha detrás dunha marea vermella, soñar cun efecto de fosforescencia algunha noite.
A fin de contas, os golpes de mar sempre arrastran, e convidan a coñecelo máis adentro, alá onde disque se deita o sol, ahí onde todos deberíamos mergullarnos algún tempo, ollando máis polo miúdo, en silencio, tal é como recomenda quen o ama: «Como marchar deste planeta con tres partes de auga, tendo estado 9 meses das nosas vidas dentro dela, sen facer unha inmersión neste mundo tan apasionante?».
Así o viviron o alumnado de 1º C.S. Guía, información e asistencia turísticas e 1º C.S. Xestión de Aloxamentos, quen se zambulliron a través dunha visita guiada pola profesora Tina Otero pola comarca e completada cos guías que colaboraron desde varias institucións, todas públicas e de xeito gratuíto:
– Cambados coa técnico de turismo Mariem González.
– Museo da salgadura e da conserva con José Luís González , meco coñecido polo alcume de o «PELISO».
– Combarro mariño, con Merche e Ángela da asociación de marisqueiras, e Combarro zona vella, con Andrés Da Costa , da asociación «A Solaina», para a protección e defensa do patrimonio histórico-artístico,
O alumnado como non, tamén guiaron, pero a través de persoeiros ilustres que axudaron a contextualizar a vida e a sociedade de Combarro: San Fructuoso, Dona Urraca, o abade do mosteiro de Poio, o xuíz que administraba xustiza, o armador Juan antonio Poledura, a revendeira de sardiña Maruxa, a redeira Merchi «a lixeira», a tecedora Herminia, o industrial da conserva José Malvar, o agrónomo Cruz Gallástegui, o fotógrafo Jaime Solá, o intelectual Casto San Pedro, e Cándido Pérez, pai do premio novel da paz Adolfo Pérez Esquivel
Pola súa banda o alumnado do ciclo de xestión de aloxamentos visitou as instalacións do Parador de Cambados, recibindo unha clase da man do seu director, e acudindo posteriormente na Toxa ao hotel balneario de cara a coñecer os diferentes tipos de establecementos hoteleiros.
Un día de mergullo intenso, do que todavía queda un convite: o de exploralo máis a fondo.
Picar na fotografía para acceder ao álbum