Os futuros guías en turismo accesible e adaptado do noso centro, visitaron onte a exposición “Mirar con Tacto- Pintura para Discapacidad Visual” no Museo de Pontevedra, onde participaron en diferentes talleres didácticos que lles axudou a descubrir e apreciar a arte cos 5 sentidos.
O alumnado viviu en primeira persoa a experiencia de acceder aos contidos sobre pintura e escultura especialmente deseñados para público con diversidade funcional: esculturas de bronce e cadros creados para ser tocados co tacto, pero tamén co oído a través dunha audioguía que dirixe o percorrido táctil de cada obra.
Esta iniciativa xorde da Fundación María José Jove e a Obra Social A Caixa, que traen a Pontevedra esta exposición itinerante Mirar contacto- Pintura para Discapacidad Visual, un proxecto que pretende promover a integración das persoas con déficit visual e sensibilizar á poboación xeral, satisfacendo así a demanda cultural de persoas con déficit visual no campo das artes.
Actividades coma esta, para a integración e igualdade de oportunidades, axúdanos a converternos en mellores persoas e polo tanto, en mellores profesionais. Grazas!!!