Saltear al contenido principal

Industrias Alimentarias sensibilizando co cancro

O alumnado do  CM Panadaría, repostaría e confeitaría do departamento de Industrias Alimentarias, acompañados por Sonia Cabanas, profesora do departamento, plantexaron unha actividade que naceu no obradoiro da man dun grupo de alumnos. Lendo e pescudando na redes, descubriron que os distintos tipos de cancro presentaban diferentes cores.

ALUMNADO DE INDUSTRIAS
Grupo de alumnado impulsores da idea con Sonia Cabanas

E como nas aulas-obradoiro non so se elabora, tamén se conversa e se crea, idearon  e reflexionaron sobre a similitude das cores das galletas e a manifestación nos múltiples tipos de cancro, e propuxeron colaborar coa Asociación Española contra o Cancro, AECC. Así, o mércores 3 e xoves 4 de febreiro, a comunidade educativa, por cada petisco doce degustado no recreo, participamos e contribuímos con pequenas aportacións para recadar fondos que serán achegados a asociación.

Parabéns ao alumnado pola estupenda iniciativa!

Que as pequenas contribucións axuden a investigadores, profesionais da saúde, e doentes, a coñecer, loitar e pelexar por coñecer máis sobre esta enfermidade.

Álbum de fotografías

PRESENTACIÓN

 

MANS E LAZO ROSA
4 de febreiro, día mundial do cancro
CORES
Cancros e cores destes