In memóriam Carlos Oroza
O acto en recordo de Carlos Oroza reuniu nun coloquio ao editor Bieito Ledo de Ir Indo, ao pintor e amigo do poeta Antón Pulido, a Uxío Noveneyra fillo, ao editor do seu derradeiro libro “ Évame”, Javier Romero, e a Anxo Leis, profesor no centro integrado cando foi inaugurado hai vinte anos.
Na presentación conducida polo actor Carlos Blanco, os tertulianos destacaron o carácter dos seus poemas que carecían de puntuación e rimas. Para él unha cousa era o ritmo e outra as rimas. Habitual do Café Gijón, gustaba de recitar, según o seu amigo Antón Pulido soía decir que “o falar ten moita máis forza e ritmo que a escritura” e que era moi difícil escribir o que sentía. A súa obra carecía de puntuación porque era como interpretar un cadro, empregaba estruturas planas, en palabras do autor “vicharejos que queren saír aí”, un xeito de expresarse que a Oroza lle levaba a unha pregunta nel reiterativa: “ Quién besará la sombra?”; cuestión que Pulido esclareceu ao comentar que o poeta gustaba do negro porque sempre quixo ser sombra.
Según Bieito Ledo, “a vida non ten sentido sen música, pintura e poesía” xa que con poucas palabras dise moito, razón pola que tamén foron musicados algún dos seus poemas por grupos como JAY BANDCAMP que presentaran un concerto con Carlos Oroza un tempo antes do seu pasamento e que tamén actuaron no acto.
Uxío Novoneyra acentuou o seu lado místico trascendente, comentando que vivía no territorio da súa intimidade en contraste co extra-muros de hoxe en día promovido polas tecnoloxías.
O peche da xornada correu a cargo de Miguel Vila Pernas, xornalista e premio da crítica de Galicia 2015, alén de I Premio xornalístico «A Gastronomía polos Camiños de Santiago» 2010, quen realizou unha presentación de escritores galegos que vencellaron literatura e gastronomía.
Trala mesa redonda houbo un xantar, un paseo polo túnel do viño, no que a maridaxe convertiuse no alicerce do almorzo.