Saltear al contenido principal

HORARIOS DE PRESENTACIÓNS PARA O CURSO 2025-2026

Información

As presentacións terán lugar o luns 8 de setembro de 2025.

O alumnado será recibido na Aula I+D polo equipo directivo e docente. Despois, as titoras e titores levarán a cada grupo á súa aula para a presentación específica do curso para cada grupo.

Como se desenvolve a presentación
Benvida do equipo directivo e do equipo docente.
Acceso á guía do alumnado coas indicacións clave de cada ciclo. 
Normas básicas de convivencia e seguridade. Uso de espazos, coidado de instalacións e uniformidade cando proceda.
Quenda de preguntas. Cada grupo resolverá dúbidas co seu titor ou titora.

Recomendacións prácticas
Chega polo menos con 15 minutos de antelación. Ten en conta que NON hai moito espazo para aparcar, polo que é recomendable que compartas vehículo ou te achegues ao centro no transporte público. 
Trae algo para anotar. Hai moita información útil o primeiro día.
Se precisas adaptacións ou tes necesidades específicas, comunícallo ao titor ou titora ao rematar a sesión.

Dúbidas habituais
Horarios definitivos das clases: Publícanse na web e na aula virtual cando estean pechados.
Materiais específicos para os módulos: Cada titora ou titor indicará o material necesario para as clases na primeira semana do curso.

ORDE DE PRESENTACIÓN DOS CICLOS POR FRANXAS HORARIAS:

  • 9:00
    1º FP Básica Cociña e Restauración.
    2º FP Básica Cociña e Restauración.
  • 10:00
    1º CM Cociña e Gastronomía.
    1º CM Panadaría, Repostaría e Confeitaría.
    1º CM Servizos de Restauración.
  • 11:00
    1º CS Dirección de Cociña.
    1º CS Dirección de Servizos.
    1º CS Xestión de Aloxamentos Turísticos.
    1º CS Guía, Información e Asistencia Turísticas.
  • 12:00
    2º CM Cociña e Gastronomía.
    2º CM Panadaría, Repostaría e Confeitaría.
    2º CM Servizos de Restauración.
  • 12:30
    2º CS Dirección de Cociña.
    2º CS Xestión de Aloxamentos Turísticos.
  • 13:00
    2º FP Dual CS Guía, Información e Asistencia Turística enoturismo.
    2º FP Dual Xestión de Aloxamentos Turísticos.
    2º FP Dual Dirección de Cociña.
    3º FP Dual Dobre Titulación Dirección de Cociña e Servizos en Restauración.

 

  • Curso de especialización Coordinación do persoal en reunións profesionais, congresos, ferias, exposiciones y eventos
    • Martes, 30 de setembro ás 16 horas
Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.