
Galicia Skills 2016
De entre as 17 competicións, os nosos alumnos Antía, Oussama e Carla participaron polas especialidades de Servizos en Restauración, Cociña e Panadería, respectivamente. O voso traballo foi magnífico, tanto que ata Carla Rivadulla se fixo co 2º Premio en Panadería !!
Pero este ano, a participación do noso alumnado foi máis aló. Os grupos de 2º curso de cociña e de servizos puxeron en práctica un servizo de cátering e de cafetaría durante os dous días de campionato que resultou todo un éxito.
E mentres todo isto ocorría en Silleda, en Göteborg (Suecia) as olimpiadas europeas de FP EuroSkills 2016 entregaban a medalla de bronce a Gabriel Vilar, alumno do CIFP Compostela, na modalidade de Servizo de Restaurante e Bar. As nosas felicitacións a Gabriel e ao seu profesor Diego Mosquera pola recompensa do seu gran traballo.
Alumnado e profesorado participante no Galicia Skills 2016, moitísimas GRAZAS e ata a próxima edición!