Saltear al contenido principal

FP Innova 2025

No noso stand “Innovación no sector da hostalería” presentamos os dous proxectos de innovación que desenvolvemos dentro do Plan de Excelencia da Red Nacional de Centros de Excelencia en Formación Profesional, impulsada polo Ministerio de Educación.

Comida saludable a todas horas:
Un proxecto de vending no que os usuarios puideron probar receitas tradicionais elaboradas con produtos de calidade, con selo DOP, IXP e de quilómetro cero. Os pratos, servidos en barquetas de fibra de millo totalmente compostables, podían levarse para a casa ou consumirse quentes ao momento.
Este proxecto desenvólvese en colaboración con:
CIFP Hostelería y Turismo de Gijón · CIFP Gamarra · CIFP Leioa · CIFP Juniper Serra (Mallorca)

Servicios 5.0
Un espazo físico e virtual de aprendizaxe especializado que conta con maquinaria e equipamento de última xeración para que o alumnado de servizos en restauración poida mellorar as súas competencias en coctelería, mixoloxía, sumillería e barismo.
No noso stand, os visitantes puideron interactuar cunha das nosas mesas dixitais facendo catas interactivas, así como visitar o noso restaurante virtual con lentes de realidade inmersiva.

Foi un pracer compartir innovación e futuro con todas as persoas que vos achegastes ao noso espazo. Grazas por tanto interese!!!

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.