Saltear al contenido principal

Formación en Enoturismo no CIFP Carlos Oroza. Descubre o novo ciclo superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas especializado en Enoturismo!

Apasiónache o mundo do viño e o turismo? Temos unha nova emocionante para ti! No CIFP Carlos Oroza lanzamos un novo ciclo superior Dual de Guía, Información e Asistencia Turísticas especializado en Enoturismo. Esta é a túa oportunidade para converter a túa paixón nunha carreira profesional.

Desde o primeiro curso, os nosos alumnos realizarán a metade da súa formación en destacadas adegas das DO Rías Baixas e DO Ribeira Sacra. Esta experiencia única permitirache aprender directamente dos profesionais do sector e coñecer en profundidade os procesos e os segredos do enoturismo.

Que che ofrecemos?

  • Formación en empresas: A formación práctica realizarase en adegas recoñecidas da nosa contorna, onde adquirirás unha experiencia real e valiosa. Este ciclo formativo en Enoturismo, único en Galicia, vaite preparar para unha carreira exitosa no sector.
  • Remuneración: A formación nas empresas está remunerada! Ademais de aprender, empezarás a gañar desde o primeiro día.
  • Excelencia académica: Un plan de estudos actualizado e enfocado nas necesidades actuais do sector turístico e enolóxico.
  • Ciclo plurilingüe: os módulos do ciclo formativo impariranse en inglés e o modulo de segunda lingua estranxeira en francés.

Empresas colaboradoras

Bodegas Martín Códax

Pazo Baión

Adega Eidos

Pazo  Señoráns

Mar de Frades

Bodegas de Palacio de Fefiñanes

Altos de Torona

Regina Viarum

Requisitos de acceso

Para coñecer os requisitos de acceso, visita a seguinte ligazón.

Inscríbete agora e comeza a túa viaxe no mundo do enoturismo!

Apasiónache o mundo do Turismo ? Non perdas a túa plaza! Infórmate e apúntate hoxe mesmo para comezar a construír o teu futuro nun sector cheo de oportunidades!