O proxecto de innovación Pontevan: FP na rúa continúa rodando sobre as catro rodas que o sosteñen e que son o alumnado dos catro centros de FP que levan traballando man a man desde finais do curso pasado para crear entre todos, cada un na súa especialidade profesional, a nosa foodtruck ou camión de comida saudable “Pontevan“.
Hoxe compartimos con vós as liñas xerais sobre as que o alumnado do C.I.F.P. A Xunqueira, IES Frai Martín Sarmiento, IES Montecelo e C.I.F.P. Carlos Oroza continúa traballando e aprendendo. Como a vida mesma, neste proxecto tamén necesita o apoio e colaboración doutras personas, neste caso de empresas da nosa contorna, formando así o engranaxe idóneo para poder construír unha verdadeira aprendizaxe. Grazas Martínez Otero Contract SL, Fagor Industrial, Grupo CIMALab, INELSA e GALTEX 2015!!
Duro é o traballo ao que está a desenvolver o alumnado do CIFP A Xunqueira: a reforma estrutural e dotación interior da furgoneta para convertela nun foodtruck. Corte de chapa, reforma e pintado de acordo co estudo de deseño interior e equipamiento realizado por CimaLab e Fagor Industrial. E mentres tanto, no IES Montecelo, o alumnado de Artes Gráficas realiza bocetos e máis bocetos de deseño exterior, packaging e merchandising para chegar a ofrecer unha propia imaxe e marca persoal da nosa Pontevan.
O alumnado do CIFP Carlos Oroza deseña unha oferta gastronómica atendendo ás necesidades do público obxectivo do proxecto propoñendo distintas elaboracións que poidan consumirse de pé ou en espazos reducidos. Nota! Todas elas deberán cumprir co principio de alimentación sa, dietéticamente equilibrada e tendo en conta a posible presenza de alerxias e intolerancias alimentarias máis comúns. Toda esta oferta, está sendo obxecto de análise nutricional por parte do alumnado do IES Frei Martín Sarmiento para proporcionar alternativas de cambio e suxestións en función dos resultados nutricionais e outras variables que dependen do seu campo profesional.
Todo isto o alumnado teno xa na sú mochila e non hai que llo quite. Novas aprendizaxes veñen de camiño, e contarémosvolas!
Ata pronto!!