Saltear al contenido principal

Erasmus galegofalantes

Dar a benvida a mozas e mozos Erasmus de Grecia,  Polonia, Brasil, Alemaña,  Sudamérica… que están a estudar a lingua e cultura galega, e interesados na súa gastronomía como parte desa cultura, era algo que non se vía desde hai  8 anos en Pontevedra. Os estudantes das facultades de Socioloxía, Publicidade e Belas Artes completaron o seu programa de estudos coa visita do centro,  con especial atención nas cociñas, obradoiros de pastalaría e panadaría… obradoiro comedor Álvaro Cunqueiro….. cafetaría.

A presentación e percorrido pola cociña galega e concretamente das Rías Baixas correu a cargo do alumnado de CS Xestión de Aloxamentos turísticos.

Posteriormente houbo unha degustación de petiscos  e viños tipicamente galegos.

A fin de contas comer é un dos grandes gozos da vida. Comer ben, non é só comer para encher o bandullo ata a saciedade, é, esencialmente, comer bo e bonito, alimentos de calidade en total convivencia ( aquí, coñecemos ben o significado da palabra latina convivère : comer xuntos), disto, sabemos moito en Galicia, onde a cociña é unha arte, e, ao igual que a lingua, é identidade, expresión cultural, historia e memoria. Non é casual que en Galicia non proliferen os lugares de fast food e comida lixo pois como di un refrán italiano : “ a vida é demasiado corta para comer ou beber mal”, comer nesta terra é unha forma máis de socialización.

Álbum da xornada

Agradecementos especiais:

Coordina: C. Vercher( normalización.)

  • Ricardo Sánchez, xefe do departamento de hostalaría e turismo
  •  ENL da Universidade de Vigo.
  • Silvia Penas, profesora da facultade de Socioloxía.
  • Degustación:
    • Francisco Orge Lorenzo. Elaboración de pratos e pinchos da cociña típica galega:
    • Polbo à galega
    • Mexillóns en escabeche e tres salsas
    • Empanada de zorza
    • Lacón, grelos e chourizo
    • Jacobo Otero Garrido: prodesor responsable das sobremesas
    • Sobremesas típicas galegas

 

IMAG0133 DCIM100MEDIA DCIM100MEDIA DCIM100MEDIA DCIM100MEDIA DCIM100MEDIA ????????????? DCIM100MEDIA DCIM100MEDIA DCIM100MEDIA ????????????? ????????????? “ Escoitei unha vez a un grande gourmet, dicir que se todos os homes se nutren, soamente uns poucos saben comer, e engadía que é coa reflexión, co pensamento, como debemos escoller os nosos pratos, e coa imaxinación toda a alimentación do home podía reducirse, de seguro, a unhas píldoras(…). Quizás, porque como dicía o conde Clermont- Tonnerre, “ asocian a súa sustancia terrea ao lugar de onde son.DCIM100MEDIA ????????????? DCIM100MEDIA DCIM100MEDIA