
Edugal 2023
Como en todas as edicións anteriores, o noso centro volveu participar en Edugal 2023 cunha degustación a cargo do alumnado de FP Básica e 1º do CM de Servizos en Restauración que como sempre, xerou unha grande expectación entre os asistentes á feira. Por outra parte, na atención do stand estiveron as alumnas de 2º do CS de Guía, Información e Asistencia Turísticas, ademáis da orientadora do centro, Carmen Veira.
O Salón da oferta de educación e formación de Galicia ten como obxectivo sinalar oportunidades de estudos con demanda laboral coa intención de exhibir todas as opcións formativas que se presentan na nosa comunidade coa intención de orientar ao alumnado de face ás mellores saídas profesionais.
Como sempre, un pracer participar nesta feira pola oportunidade para o noso alumnado de por en práctica algunha das súas competencias relacionadas coa atención ao cliente.
Vémonos en Edugal 2024!