Saltear al contenido principal
Dirección De Cocina Dual Con Procesos De Calidad En La Industria Alimentaria CIFP Carlos Oroza

Novo ciclo superior de FP Dual en Dirección de Cociña con oferta parcial de Procesos de calidade na industria alimentaria

Prepárate para liderar no sector das colectividades e do catering

Gustaríache dirixir a túa carreira profesional na cociña cara ao sector das colectividades e catering? O CIFP Carlos Oroza presenta o seu novo ciclo superior de FP Dual en Dirección de Cociña cunha oferta parcial en Procesos de Calidade na Industria Alimentaria. Esta formación está deseñada para o estudiantado apaixonado pola cociña e que buscan especializarse nunha área con gran demanda de profesionais.

Que ofrece esta formación?

  1. Especialización en Procesos de calidade na industria alimentaria: Adquire coñecementos avanzados sobre Biotecnoloxía e Innovación alimentaria aplicados a procesos de calidade na industria alimentaria, esenciais para xestionar grandes colectividades e servizos de catering.
  2. Prácticas remuneradas: Desde o primeiro ano, os alumnos realizarán prácticas remuneradas en empresas líderes do sector, permitíndoche adquirir experiencia real e valiosa.
  3. Duración de 2 anos: Este ciclo ten unha duración de tres anos, proporcionando unha formación completa e especializada.

A quen vai dirixido?

Este ciclo está dirixido a aquel estudiantado de cociña que desexan especializarse no sector das colectividades e o catering, sectores que requiren unha alta especialización e unha xestión da calidade.

Empresas colaboradoras

Culinaria

Somen Hostelería

Eurostars

Vantaxes de escoller o CIFP Carlos Oroza

O CIFP Carlos Oroza é o centro de referencia na formación de Hostalería e Turismo en Galicia. Con esta nova titulación, o noso  alumnado obterá unha formación de calidade, combinando coñecementos teóricos e prácticos que lles prepararán para liderar no sector das colectividades e catering.

Requisitos de acceso

Para coñecer os requisitos de acceso e máis detalles sobre o programa, clica aquí.  Inscríbete agora e comeza a túa carreira profesional en Dirección de Cociña.

Apasiónache a cociña e queres liderar no sector das colectividades e catering? Non perdas esta oportunidade única. Infórmate e apúntate hoxe mesmo visitando a  nosa páxina web CIFP Carlos Oroza Formación  para comezar a construír o teu futuro profesional.