
Deseño de alta pastalaría e innovación

Tal e como comenta Sonia Cabanas Arias, profesora do departamento de Industrias Alimentarias, a innovación e o deseño son a base dos módulos de «Presentación e venda de produtos de panadaría e pastelaría» e » Produtos de obradoiro», que xunto co módulo de » Empresa e iniciativa emprendedora», prentenden traballar conxuntamente múltiples destrezas e coñecementos co alumnado.
Son eles quen pensan no escaparate presentación do que previamente elaboraron no taller, quen crean o logotipo, quen procuran ideas dependendo das festas e momentos gastronómicos, e sobre todo e un dos aspectos máis importantes, quen deciden como sorprender e innovar na presentación dos produtos elaborados.
3 módulos que se dan a man nunha soa presentación, a do pracer da innovación e a dos soños por unha futura alta pastalaría na que sexan os protagonistas.




