Saltear al contenido principal

Degusta Europa no mercado de abastos de Pontevedra

Empanada de bacallau con pasas, torrada de sardiña con pementos e pataca, larpeira e unha queimada 4.0
Este foi o excepcional menú da tercera xornada de Degusta Europa que levou todo o sabor da gastronomía tradicional das Rías Baixas ata a Praza de Abastos de Pontevedra.
Carmela Silva Rego felicitou ao alumnado do CIFP Carlos Oroza que se encargou da elaboración dos petiscos: «Seguimos celebrando o #DíadeEuropa desde o patrimonio inmaterial da gastronomía, un sector que xera emprego e crecemento económico ao tempo que dinamizamos os mercados».