Da vendimia á adega
O noso alumnado do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas, con especialización en Enoturismo, viviu unhas experiencias únicas nas Adega Eidos de Padriñán, Regina Viarum e Adega Algueira. Nestas duas xornadas, estiveron acompañados por grandes profesionais: Aurea, exalumna do noso centro, Paula e Gemma, técnicas en Enoturismo e Marifé, sumiller profesional.
Desde o primeiro momento, puideron mergullarse no apaixonante mundo do viño galego, coñecendo de primeira man todo o proceso de elaboración e a historia que hai detrás dunhas das mellores adegas da zona.
Pero a aventura non rematou aí! Na máxica Regina Viarum, en plena Ribeira Sacra, o noso alumnado presenciou as actividades propieas da vendima, coñecendo as particularidades da viticultura heroica, onde o esforzo e a paixón dos viticultores se combina cunha paisaxe espectacular de viñedos en pendentes imposibles. Unha experiencia que só a formación no CIFP Carlos Oroza pode ofrecer, preparando aos futuros profesionais para os retos do sector turístico.
🔎 Queres vivir experiencias coma esta e formarte co mellor profesorado e profesionais do sector? Non perdas de vista o noso Ciclo Superior e descobre todas as oportunidades que o Enoturismo pode ofrecerche. O teu futuro no turismo empeza aquí!
#Enoturismo #TurismoGalego #FormaciónEnAcción #FPConFuturo #AdegaEidos #ExAlumnosOroza #TurismoSostible #ViveOroza #CIFPCarlosOroza #ReginaViarum #AdegaAlgueira #RutaDoViño#FPGalega