Dobre Titulación Dirección Cociña e Dirección de Servizos de Restauración
- Ciclo Formativo FP DUAL
- Familia: Hostalaría e turismo
- Sistema educativo: LOE
- Grao: Superior

A quen vai dirixido?
Este ciclo formativo vai dirixido a aquel alumnado que queira introducirse no mundo profesional da Cociña e a Restauración cun perfil de xestión e organización, no que combinará períodos de formación no centro educativo con períodos de aprendizaxe traballando en hoteis durante 3 anos. Para acceder debes estar en posesión do título de graduado en Bacharelato, título de técnico nun ciclo formativo en grao medio ou mediante proba de acceso.
No Carlos Oroza impartimos as ensinanzas coa metodoloxía que nos caracteriza “aprender facendo”, a través da cal te verás inmerso nun entorno real de aprendizaxe práctico: as aulas taller de cociña completamente equipadas, o Restaurante Pedagóxico do centro “Álvaro Cunqueiro” aberto á cidadanía, a Cafetería-GastroBar “Suso Domínguez”, o comedor de autoservizo, a Horta Escolar “Horta Oroza, a aula tecnolóxica “OrozaLab”, a aula I+D, son os espazos formativos onde desenvolverás a túa aprendizaxe, con profesorado altamente cualificado e implicado na túa formación.
A formación DUAL para o curso 2023-2024 realizase nas seguintes empresas:
Restaurante Culler de Pau (O Grove) – 2 prazas
Restaurante Pepe Vieira (Poio-Pontevedra) – 2 prazas
Restaurante Casa Solla (Poio-Pontevedra) – 2 prazas
Hoteis da cadea Eurostars Hotel Company,- 10 prazas
Hotel Gran Talaso Hotel Sanxenxo, – 1 praza
Hotel Augusta SPA Resort – 2 prazas
Gran Hotel Nagary – 2 prazas
Podes consultar AQUÍ o convenio no que se regulan as ensinanzas, duración dos módulos, condicións nas que vas a realizar a formación nos hoteis, os períodos e a remuneración.
Os períodos de formación alternan 6 meses de formación no centro e 6 meses en hoteis, nos 3 anos de duración do ciclo formativo adquirirás 2 anos de experiencia laboral.
Recibirás unha remuneración polo traballo desenvolto no período de formación en empresa correspondente a 500€/mes, ademáis poderás ter aloxamento sí o centro de traballo (hotel) non esta próximo ao teu domicilio.
Máis do 90% do alumnado que cursou FP Dual no Carlos Oroza recibeu unha oferta de emprego na mesma cadea hoteleira.
Debes saber que este nivel formativo corresponde a categoría 3 do Catálogo Nacional de Cualificación Profesionais, polo que servirache como base para proseguir outros estudos regrados ou universitarios podendo facer unha carreira académica e profesional no ámbito da FP e propiciar a túa inserción no mercado laboral.
Cales son os requisitos de acceso?
Consulta os requisitos de acceso e admisión vixentes no seguinte enlace da páxina oficial do portal de FP Galicia.
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en dirixir e organizar a produción e o servizo en cociña e servizos de restauración, determinando ofertas e recursos, controlando as actividades propias do aprovisionamento, a produción e o servizo, cumprindo os obxectivos económicos, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector da hostalaría e, en concreto, do subsector de restauración. Poden actuar en pequenos establecementos, en moitas ocasións como propietario ou propietaria e responsable de cociña simultaneamente. Malia desenvolver habitualmente a súa actividade profesional en establecementos de carácter privado, tamén pode desenvolvela en establecementos públicos, nomeadamente nos sectores educativo, sanitario e de servizos sociais. Cando non actúan por conta propia, realizan as súas funcións baixo a dependencia da dirección do establecemento, sexa este un hotel ou sexa outro tipo de aloxamento ou establecemento de restauración.
Que ocupacións se desempeña?
No ámbito da cociña: director/ora de alimentos e bebidas; director/ora de cociña; xefe/a de produción en cociña; xefe/a de cociña; segundo/a xefe/a de cociña; xefe/a de operacións de cátering; xefe/a de partida; cociñeiro/a; encargado de economato e adega.
No ámbito dos servizos de restauración: director/ora de alimentos e bebidas; supervisor/ora de restauración moderna; «maître»; xefe/a de sala; encargado/a de bar-cafetaría; xefe/a de banquetes; xefe/a de operacións de cátering; «sommelier»; responsable de compra de bebidas; encargado/a de economato e adega.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais |
---|
Que título ou acreditación se obtén?
Poderás obter dúas titulacións: Técnico superior en Dirección de Cociña e Técnico Superior en Dirección de Servizos de Restauración.