Saltear al contenido principal

Conta atrás para a chegada dos puntos de información turística

O pasado mércores celebrouse na aula de 2º de Guía, información e asistencia turística o acto de inauguración dos puntos de información turística “GUIAT”. Os asistentes, convidados a través dunha orixinal invitación a modo de billete de avión, foron informados da futura apertura das dúas oficinas (unha de carácter móbil situada no corredor principal do centro e outra fixa na propia aula de 2ºGUIAT) que tódolos mércores dende o 3 de decembro en horario de 12.00 a 12.30 horas estarán a disposición de todo aquel que desexe información turística de Pontevedra, Galicia e o resto de España.

Información que será facilitada tanto de forma verbal grazas á asistencia do alumnado de guías como a través do reparto de flyers e mesmo visitando o Facebook ou o Instagram propios do centro de información.

Álbum de fotos

OIT
Acto de inauguración dos puntos de información turística