Saltear al contenido principal

Congreso de Innovación na FP, FPInnova 2017.

O pasado mes maio profesores e alumnos do noso centro participaron no Congreso de Innovación na FP de Galicia, FP Innova 2017, que se desenvolveu en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura de Galicia. A este congreso acudiuse cun proxecto premiado, «Pontevan: FP na rúa» e cun conxunto de actividades desenvolvidas sobre a camelia que ven de ser seleccionado nos proxectos de innovación na última convocatoria.

O Congreso FPInnova brindounos a posibilidade de dar visibilidade e presentar o resultado do longo traballo que durante meses estivo levando a cabo o alumnado e profesorado dos catro centros de FP de Pontevedra participantes no proxecto «Pontevan: FP na rúa»: a transformación do vehículo polo equipo do CIFP A Xunqueira, o deseño gráfico e impresión da imaxe polo IES Montecelo, o análise nutricional das receitas polo IES Frei Martín Sarmiento e o deseño e elaboración de propostas gastronómicas saudables polo noso CIFP Carlos Oroza. Todo este engranaxe de traballos de investigación e aprendizaxe, xunto á colaboración de empresas da nosa contorna, posibilitan a creación de Pontevan, un aula de cociña móbil que se destinará á sensibilización da alimentación saudable na comunidade educativa.

             untitled  nenos

No caso das actividades da camelia «Novos usos turísticos e gastronómicos da nosa flor», tratouse de por en valor un recurso de sobra coñecido para todos os galegos, especialmente os das Rías Baixas, explicándolle a todos os visitantes do stand, curiosidades e características pouco coñecidas da flor «raíña do inverno de Galicia».

                       IMG_4321  18740510_1055384487925213_8661259875252785516_n

Moitas grazas a todo o alumnado participante en ambos proxectos de innovación, así coma ao profesorado e colaboradores polo seu apoio durante os 3 intensos días do Congreso, e a todos os que vos achegastes aos stands para coñecer o noso traballo.

Moitísimas grazas a todos!!

Ver vídeo FPInnova2017 – in12 – PonteVan: a Formación Profesional na rúa

Álbum FP Innova2017