Saltear al contenido principal

Con sabor a Nadal

Trala ponte da constitución pódese decir que arranca o tempo de Nadal, fronteira entre o outono e o inverno a pesar de que as temperaturas sexan ben invernais, este momento gastronómico é un auténtico placer para todos os sentidos. A mistura de productos procedentes da fraga-horta-mar-acuicultura, fai que a explosión de creatividade do alumnado e profesorado supoña un peche de ano por todo o alto.

Hoxe, luns 9 de decembro comezamos cuns aperitivos de tosta con revolto de cogumelos, pirulí de paspallás caramelizado, crema de cabaza e xouba esparrada con tomate confitado, para continuar con pobo á grella, pescada en salsa verde con ameixas e xarrete de tenreira con verduriñas. As sobremesas como non tamén soaban como as panxoliñas: turrón, polvoróns, mantecados, trufas, rosco de reis, tronco de Nadal,  e carbón para os que viñan por primeira vez á nosa aula Álvaro Cunqueiro. E para brindar un triscante de mazá con mousse de cava.

Difícil escoller unha imaxe, quedámonos cun brindis polos bos xantares en boa compaña.

Que o 2014 nos agasalle moitos a todas e todos!