Saltear al contenido principal

Cócteles dos sentidos en Pontenciencia

Parabens ao grupo de 1º de ciclo medio de servizos por gañar un dos premios de investigación Homenaxe á Muller Investigadora de Pontenciencia 2023!
O proxecto científico tiña como obxectivo investigar se as cores inflúen na percepción do sabor, utilizando para elo unhas mostras de cócteles de diferentes cores.
Para levar a cabo o proxecto, utilizouse unha limonada base á que se lle agregaron pingas de colorante sin sabor para crear as tres mostras de cócteles de diferentes cores: vermello, verde e azul. Ademais, adornáronse as bebidas con froitas da cor correspondente á bebida para crear un efecto visual máis pronunciado: amorodos no vermello, arándanos no azul e mazá verde no de cor verde.
Realizada a enquisa aos que probaban os cócteis, púidose comprobar que a hipótese prantexada de que as cores inflúen na nosa percepción do sabor foi aceptada, xa que a inmensa maioría dos catadores non se deron conta de que estaban probando a mesma bebida, contestando na enquisa cal era para eles a máis doce, a máis saudable ou a máis saborosa.
Este experimento pode axudar a comprender como os nosos sentidos traballan xuntos para crear unha experiencia gustativa completa. É interesante destacar que o proxecto científico tamén pode ter implicacións prácticas, especialmente na industria alimentaria e de bebidas. Se se pode demostrar que as cores inflúen na percepción do sabor dos alimentos e bebidas, información que utilizarase para mellorar a presentación dos nosos produtos e crear experiencias máis satisfactorias para os usuarios dos nosos talleres de prácticas.
En xeral, este proxecto de investigación realizado polo grupo de 1º de ciclo medio de servizos é un excelente exemplo de como a ciencia pode aplicarse á vida diaria e como un enfoque creativo pode conducir a resultados interesantes e útiles.
Grazas a todo o grupo de 1º de CM Servizos, e especialmente a Iria, Jorge e Lucía polo seu bo traballo e saber facer este venres e sábado no noso stand de Pontenciencia.
Ata o vindeiro Pontenciencia