Saltear al contenido principal

Campión da Beer Master

Parabens a Jorge Domínguez o noso talentoso alumno do ciclo medio de servizos pola súa  vitoria no concurso de tiraxe de cervexa #beermaster de Estrella Galicia celebrada o 25 de maio no CIFP Paseo Das Pontes. A súa paixón, habilidade e adicación levárono ata o más alto do podio.
Celebramos o título de campión do noso alumno neste concurso de tiraxe de cervexa, pero mais aló do resultado, recoñecemos o esforzo, a dedicación e a aprendizaxe que esta experiencia proporcionoulles tanto a Jorge como ao seu compañeiro de entrenamientos José Luis.
Noraboa a tódolos participantes por dar o paso de estar ahí e moitísimas grazas ao profesorado que estivo acompañando a estes alumnos durante a preparación do concurso!!
Aproveitamos tamén esta nova, para valorar a importancia das competicións como esta na aprendizaxe do noso alumnado. Sen dúbida, concursos e competicións proporcionan unha oportunidade excepcional para que o alumnado poña en práctica os seus coñecementos e habilidades nunha contorna competitiva e real, demostrando a súa destreza nun campo específico.