Aventura no Eco-parque de Marín
Non o pensou dúas veces o alumnado de FP Básica cando o seu equipo de profesores, ao completo, lles invitou a participar nesta actividade. Unha aventura de convivencia ao aire libre no Parque Multiaventuras Eco-Parque de Marín, co obxectivo de transmitir a estes alumnos valores como o respecto pola natureza, o coñecemento do medio e o seu goce mediante a actividade física e deportiva.
Dirixidos e supervisados por un grupo de monitores expertos e con todas as medidas de seguridade, realizamos un circuíto entre árbores con diferentes grados de dificultade e deslizámonos por tirolinas de ata 120 metros de lonxitude. Hoxe podémosvos asegurar que non é tarefa fácil ter que pensar e decidir como chegar «á outra punta» a 13 metros de altura…
Estas apaixonantes actividades axudáronnos a calcular a propensión de cada un ao risco e a poñer en práctica outras habilidades como o equilibrio, o enxeño, a forza, ou o autocontrol para superar as diferentes probas que se nos presentaron. Ao fin e ao cabo, non son estas as habilidades que a vida nos esixe?
Parabéns ao alumnado polas súas destrezas, e moitas grazas a Nuria, Cris, Fran e Ignacio por escoller e participar en equipo nesta divertida aventura.
Pica na seguinte imaxe para acceder ao Álbum da Xornada.
[/et_pb_text][/et_pb_column][/et_pb_row][/et_pb_section]