As traballadoras do barrio da Moureira xa teñen o seu propio roteiro
Onte publicouse na web do Diario de Pontevedra unha noticia informando sobre a realización dun roteiro centrado nas mulleres traballadoras do barrio da Moureira, unha iniciativa enmarcada dentro do proxecto municipal “A memoria das mulleres”.
Neste percorrido, organizado pola Concellaría de Patrimonio Histórico e conducido por Olga Conde, colaborarán os alumnos Cristian Castillo, Lidia Fernández e Andrea Alfonso, estudantes do CS Guía, información e asistencia turísticas. O itinerario, que terá lugar este mesmo sábado ás 11 da mañá, comezará no antigo lavadoiro do Peilán (na rúa Pelamios, fronte ao hotel Da Barca) e para poder asistir é preciso inscribirse enviando os datos persoais ao correo electrónico patrimoniocultural@pontevedra.eu
Os deixamos co enlace da noticia publicada polo Diario de Pontevedra onde podedes saber máis detalles do acto: