Saltear al contenido principal

Árbores que falan a través dos sentidos

Experiencia sensorial a través do patrimonio arbóreo na Alameda de Pontevedra, nun paseo no que o Ciclo Superior de Guías, información e asistencia Turística do CIFP Carlos Oroza, utilizou os sentidos do tacto, olfato e gusto cun grupo de asociados da ONCE acompañados dos concelleiros de patrimonio Luís Bará e de cultura Anxos Riveiro, que se colocaron os antifaces para facer o percorrido acompañados e guiados polo alumnado.

Nesta ocasión, os recursos a coñecer foron 18  árbores ornamentais que forman parte das vidas das persoas que temos a sorte de vivir en Pontevedra, un patrimonio natural e vivo que comparte espazo cos xogos dos cativos e camiñantes en tempo de lecer.

DSCN0619
Unha alumna explica a árbore a través do seu tacto

Para deseñar, elaborar, e desenvolver esta actividade, este curso contouse cos coñecementos e asesoramento do  experto agrónomo Jaime Blanco, que colaborou co alumnado e profesorado desvelándonos a maxia dos nosos xardíns, ademais de moitos aspectos botánicos de gran interés.

O paseo rematou con moi bo sabor de boca, xa que os asistentes tiveron a ocasión de disfrutar dunha delicia  feita polo alumnado de 1º curso do CM de Panadería e Pastelería co profesor Jacobo Otero, e que consistía nun biscoito con marmelo de laranxa amarga cuberto de chocolate, pois son moitos os laranxos que podemos atopar nas prazas e rúas da  Boa Vila.

DSCN0611
Luí Bará, concelleiro de patrimonio escoitando as explicacións

DSCN0615
Profesoras responsables da actividade:
Tina Otero, María Morales

Módulos:  Procesos de Guía e Deseño de Produtos turísticos

 

La Voz de Galicia

Álbum da xornada

O patrimonio máis vivo de Pontevedra