Saltear al contenido principal

«Aperitivo con maridaxe sen alcol» Edugal 2017

Por terceiro ano consecutivo EDUGAL 2017 contou coa participación profesional de alumnado do noso centro para poñer o peche a esta interesante Feira de Educación que se celebrou o pasado mes de febreiro en Pontevedra. Esta feira posiciónase como o salón educativo de referencia en Galicia, un punto de encontro de estudantes, profesores, orientadores, pais e nais, responsables de centros educativos e profesionais da educación.

A actividade consistiu nun showcooking ofrecido polo alumnado de 2º CM de Servizos en restauración  e de 1º CM de Panadaría, Repostaría e Confeitaría que levou por título  «Aperitivo con maridaxe… e sen alcol». Brindaron aos asistentes unha degustación dun aperitivo de pan elaborado polos futuros panadeiros, maridado con queixos Denominación de Orixe de Galicia e uns cócteles sen alcol realizados polo alumnado de servizos en restauración. Unha ocasión especial para dar a coñecer aos visitantes de Edugal as infinitas variedades de pan que podemos degustar  e que o noso alumnado sabe facer, coñecer os magníficos queixos galegos Denominación de Orixe, e aprender qué deliciosos poden ser os cócteles sen alcol.

InvitaciónAlumno PanadaríaAlumna servizos

O aperitivo foi tan apetitoso como:

… Un pan de pistachos maridado con Queixo Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa e un smothie “No sick”.
… Un pan de pita con menta maridado con Queixo Tetilla Denominación de Orixe Protexida con Mojito de sidra”.
… Un pan de molde con pasas e noces maridado con Queixo DO San Simón e Piña Colada”.
… Un pan de cervexa negra con curry e trufa maridado con Queixo do Cebreiro Castelo con 0,0 «Cóctel de cervexa sen alcol».

Damos a noraboa ao noso alumnado pola destreza e profesionalidade que amosaron, nesta e en cada actividade que desenvolven fora e dentro do centro.

Grazas á organización Edugal por confiar de novo en nos ofrecendo ao noso alumnado unha nova oportunidade de aprender .

Álbum da actividade

                               Auditorio servizoGrupo