A recuperación das recetas das avoas
Espertar emocións e sentimentos agachados na nosa memoria da infancia, lembrar aos nosos seres queridos, revivir momentos felices…a todo iso leva esta actividade desenvolvida polo alumnado e profesorado de 2º CSDIRCOC, CSDIRSERV e CBCOCRES o pasado venres.
A recuperación das recetas das avoas, “as que realmente saben cociñar” como di a maioria do alumnado, é un exercício de aprendizaxe de técnicas básicas de cociña nas que poder aportar as técnicas actuais, pero tamén é un exercicio de produto de tempada, de cociña económica, de creatividade impulsada polas necesidades económicas de moitos fogares e que hai que saber entender, apreciar e dar valor.
E para contextualizar o traballo do alumnado de cociña, o de servizos ambientou o restaurante con esos detalles, obxectos e recordos que nos lembran a esas persoas tan importantes na vida de cada un de nos, as nosas avoas!!
Gran traballo en equipo, e un aprendizaxe novo máis na mochila do noso alumnado!