A que ule o café? VII Campionato de baristas
Vainilla, tostado, fume…Hoxe arranca a VII edición do campionato de baristas na vila luguesa de Foz. Un ano máis o alumnado de todos os centros de formación profesional de Galicia, Asturias, Cantabria e Portugal porá a proba as súas destrezas na preparación e elaboración de 4 cafés expresso, 4 capuchinos, e 4 cocktails de confección propia.
No concurso o alumnado someterase a unha primeira proba de cata de cafés elaborados en cafetera cona, e unha segunda cata sobre tiras de aromas na que deberán distinguir sabores e olores básicos: achocolatado, caramelo, cereal…a que ule o café?
Martín Viñas Esperón de 1º CS Dirección de Servizos e Manuela Torres Otero de 2º CM de Servizos representarán ao centro acompañados da profesora Carme Alvite.
O campionato emitirirase on line, via streaming: www.fundaciontic.org