Saltear al contenido principal

Cesión á Xunta da titularidade do CIFP Carlos Oroza

  • Novas

O conselleiro Román Rodríguez e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López asinaron un protocolo xeral para a transmisión da titularidade do noso centro, ubicado na cidade infantil Príncipe Felipe.

Neste protocolo, ambas partes comprométense a promover os trámites pertinentes para facer efectiva a cesión á Xunta de Galicia da titularidade do CIFP Carlos Oroza, que ata o de agora ostenta a Deputación de Pontevedra.

Despois realizouse unha visita polas instalacións do centro.

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.