Saltear al contenido principal

Santiago de Compostela: visita aos hoteis e a cidade

 O alumnado de 1º curso dos CS de Xestión de aloxamentos e Guía, información e asistencia Turísticas, adicaron o día completo a coñecer máis polo miudo os moitos atractivos e valores que ofrece a cidade patrimonio da humanidade, Santiago de Compostela.

Coa guía Patricia Longa, ex-alumna do centro, disfrutaron dunha visita panorámica en inglés e un paseo comentado polas prazas máis representativas da cidade santa. Tamén fixeron un «paseo polas nubes» polas cubertas e torres da catedral románica, entanto o alumnado de xestión de aloxamentos coñecían as instalacións e servizos do parador e antigo hospital, o Hostal dos Reis Católicos, e o moderno e dinámico Hotel NH Obradoiro.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Xa pola tarde, o alumnado de 1º GUIAT puñan en práctica as súas dotes de bos comunicadores, realizando unha interesante visita autoguiada polos museos da catedral, e rematando cunha clase práctica no interior da basílica do apóstolo.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 Álbum de xornada

IMG_2620 IMG_2642