Campionato de sumillería Suso Domínguez
As xornadas do 1º campeonato de sumillería Suso Domínguez reuniron a profesorado e alumnado de todos os centros educativos de Galicia nos que se imparten as ensinanzas de hostalaría e turismo, ademais da Escola de Hostalería de Douro-Lamego de Portugal.
O concurso tivo probas tan diversas como un cuestionario sobre a D.O Rías Baixas, unha proba de identificación de erros nunha carta de viños, un test de identificación de olores e de sabores, e unha última proba de identificación de viños realizada no escenario do auditorio da cidade infantil Príncipe Felipe baixo a atenta mirada do público.
Como xurado estiveron o director do instituto galego do Viño, Xoán Canas, o presidente dos baristas de Galicia, Augusto Marales e en representación de Chivas Regal, José Soto.
Como convidado de excepción estivo Carlos Oroza, poeta que dá nome ao centro e que obsequiou exemplares asinados do seu último libro Évame para seren agasallados ao alumnado participante.
Os gañadores foron Francisco José García, do IES Sanxillao de Lugo, María Rebeca Sánchez, do CIFP Paseo das Pontes da Coruña e Daniel Miguélez, do CIFP Manuel Antonio de Vigo, que recibiron a súa respectiva bolsa para cursar o máster en sumillería no instituto galego do viño. Para entregar os os premios acudiron o conselleiro de educación, Jesús Vázquez, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente da deputación provincial, Rafael Louzán.
Todos os participantes recibiron como obsequio unha botella edición especial e personalizada para cada un deles da adega Terras Gauda, unha das empresas vitivinícolas patrocinadora do evento. Paralelamente ás probas do campeonato desenvolveuse un concurso de cartas, nas que o alumnado amosou a súa creatividade e destrezas manuais, ademais da quinta edición do concurso «Máster tortilla» e o certame «Top Pincho-cociña en miniatura», ambos os dous gaños polo alumnado do CIFP Carlos Oroza, Daniel Crego e José Bértolo cunha tortilla de zanahoria, e Ramón Lage e José Antonio García vencedores do ‘Top pincho’.
Xa fora de concurso, e antes da entrega de premios, desenvolveuse unha exhibición de coctelería acrobática a cargo de Quique Romaní.
Na xornada do mércores as conferencias estiveron a cargo de Xoán Canas, nariz de ouro, Ruth González de Turismo Rías Baixas, Marcelo Radío de adega de Eidos, Nacho Crespo da Quinta de San Amaro e José Luis Vilanova de Novavila, quen se referiron ao potencial do enoturismo e dos roteiros ademais doutros produtos asociados ao viño.
A clausura na voz do director Manuel Hermo do que fora o seu amigo emocionou á todo o auditorio, que pechou este primeiro campionato cun cálido aplauso adicado a súa dona Maika e ao seu fillo Diego presentes no evento.
Concurso de tortillas e petiscos
Consellería de cultura ,educación, e ordenación universitaria
Agradecemento especial a todos os patrocinadores que colaboraron para que se pudese desenvolver este 1º campionato de sumillería Suso Domínguez:
Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria
Deputación de Pontevedra
Concello de Pontevedra
Instituto Galego do Viño
CRDO Rías Baixas
Adegas Terras Gauda
Adega Davide
Adega Bouza do Rei
Lourido y Asociados DOP Mexillón de Galicia
Chivas Regal
Adegas Codorniu
Hotel Galicia Palace (Pontevedra)
Parador de Turismo de Pontevedra
Hotel Ponteroom (Pontevedra)
Restaurante “Grill La Tienda de Clara”