Saltear al contenido principal

Xogos tradicionais no magosto

Non todo vai ser estudar, fóra das aulas tamén se aprende. Desta vez trasladamos o magosto dos nosos avós ao patio, e aínda que non pudo ser no día próximo ao día de defuntos por mor das choivas, case coincidiu co San Martiño.

?????????????DCIM100MEDIA ?????????????

 

 

 

Non cantamos, pero si fixemos lume, non estivemos coa familia pero si co grupo de amigos, e sobre todo quedamos enfeitizados non polo lume, senón polos xogos tradicionais cos que xogaban as nosas nais e pais, diaño, que difícil encestar o aro na botella! Eche máis complicado que xogar coa play.

?????????????DCIM100MEDIA

Por enriba aprendimos que as castañas teñen moitos alcumes:

CARABOLECA: que non se criou. Que só ten casca.
BULLADA: a que se saca do ourizo.
DEGRAÍDA: a que cae por si soa do ourizo.
MARTIÑESA (do S. Martiño): a serodia, tardía.
SANMIGUELIÑA (do S. Miguel): a temperá

 

Que según o seu sabor, tamaño e cor tamén mudan de nome:

Abadá, agrela, branquiña, bicuda, brava, buxeira, cabezuda, chatadesa, galeza, garrida, leinova, lemos, loura, luguesa, mansa, martesa, pagaíña, picón, rañuda, riá, ribeira, verdella, vermella, e senra.

 

E que en Galicia o  o castiñeiro máis vello está no concello DCIM100MEDIA

de Manzaneda, Ourense. Calcúlase que ten arredor de 1.000 anos, e entre dez persoas collidas das mans e cos brazos estendidos podemos conseguir abrazalo.

TODO UN TESOURO  das nosas fragas e unha xornada para agradecer a Jacobo Otero como responsable da área de convivencia.

DCIM100MEDIA  ??????????????????????????