Saltear al contenido principal

Viaxe a Euskadi 2017

“Unha viaxe para recordar… chea de experiencias de aprendizaxe emocionantes, educativas, dinámicas e divertidas… tamén de unión de compañeiros… nela empapámonos de gastronomía e coñecimos outras formas de traballar… unha viaxe obrigatoria para aqueles que coma min desexamos dedicarnos ao negocio hosteleiro… mestura de tradición, innovación e chea de valores coma o respecto, a solidaridade…”    

Fragmentos literais dos Cadernos de Viaxe do alumnado de 1º CSDC 2016/2017

Si botamos unha ollada rápida a calquera dos “cadernos de viaxe” do alumnado de 1º de Dirección de Cociña podemos facernos unha idea da completa actividade formativa na que participaron en Euskadi. O obxectivo desta viaxe foi o de poñer en contacto ao alumnado coa cultura gastronómica vasca, a súa orixe e adaptación das novas tendencias culinarias aos produtos autóctonos, así como o respecto polas tradicións e a visión da nova cociña. E, vaia por diante, se o conseguiron!

Durante os 4 días desta viaxe, o alumnado foi recollendo aprendizaxes, historias, emocións e impresións para confeccionar o seu particular Caderno de viaxe e un portfolio dixital, ao mesmo tempo que compartía as súas experiencias en redes sociais coma Twitter, Facebook ou Instagram.

Comezamos a visita de Euskadi no centro de hostalaría de Leioa, Leioako Ostalaritza Eskola. Dotado dunhas amplas instalacións, con xardíns, vides e unha pequena horta, este centro chamou a atención do alumnado no tocante á separación entre as zonas de preelaboración e elaboración, e a implantación de sistemas de separación de lixo e métodos de reciclaxe. Outra das grandes impresións foi a “colaboración do centro cunha ONG polo que non tiran a comida sobrante das xornadas, e tamén a colocación dunha neveira solidaria”.

DSC_0008

En San Sebastián coñecimos o Basque Culinary Center, Facultade de Ciencias Gastronómicas e Centro de Investigación e Innovación no ámbito da Alimentación e Gastronomía. Orde, limpeza, traballo e silencio respíranse por cada un dos seus recunchos, sendo estes claro reflexo do respecto e admiración que alí se sente pola arte da gastronomía.

A seguinte parada agardámola impacientemente. En Lasarte, con 3 estrelas Michelín, o Restaurante Martín Berasategui abríanos as súas portas ata ao fondo da cociña, onde grazas a Josu coñecimos as instalacións e funcionamento do restaurante así coma a verdadeira historia e valores que sosteñen este negocio. Xa de paso, impresionante a súa adega de viños e champagne..!! Alí, David de Jorge Ezeizabarrena, máis coñecido coma Robin Food sorprendeunos cunha inxeniosa charla que nos fixo reflexionar sobre os valores e principios fundamentais dun cociñeiro.

          Josu Berasategui IMG_20170331_174858

Sen perder nin un minuto de tempo en Donosti, achegámonos a Sociedade Gastronómica “Ur-Zaleak”. Grazas a Manu aprendimos o característico funcionamento e modo de organización das tradicionais asociacións gastronómicas vascas, que sobreviven baixo criterios de honestidade e confianza dos seus socios. Socios “homes”, unha cuota mensual, participar do gasto segundo o consumo de cadaquén,… Case non cremos que únicamente o 2% do gasto sexa extraviado. Ah, claro! Que falamos de honestidade!!… Sen dúbida, una cultura de respecto que nos abraiou… E ti, sabías que a cociña está reservada únicamente aos homes? As mulleres poden entrar pero non ser socias nin cociñar, e parece que esta norma tardará anos en desaparecer…

Pois sendo aquí a cociña “cousa de homes”, o alumnado masculino elaborou un menú para 30 socios, con producto típico galego misturado con costumes de gastronomía vasca. Grazas ao Consello Regulador da DO Mexillón de Galicia e a Frinsa Conservas Gourmet polo voso producto!.

IMG_20170401_230654 IMG_20170401_234817 Cocinando Asociación

Durante a viaxe tamén nos adentramos nos mercados típicos donostiarras de San Martín e La Bretxa inundados de produtos, pinchos, viño e música en vivo; visitamos unha sidrería, participamos nunha media maratón, unha caminata de 8 kms polo Monte Ulia, unha comida en Pasaia Donibane

E como broche final, o reto “Pintxos por Donostia”. Tocábanos así observar, probar e investigar sobre a interminable variedade de pintxos, os seus ingredientes, a técnicas de elaboración, a presentación… E todo isto motivados porque á volta da viaxe debíamos por en práctica o aprendido! Dende aquí damos fe do boísimos que saben os pintxos donostiarras “á galega”.

Ao persoal do centro de hostalaría de Leioa, a Martín Berasategui, a Josu, a David de Jorge, a Idoia do Basque Culinary Center, a Manu, a todos… moitísimas grazas polas vosas ensinanzas e o trato impecable que recibimos de vos.

Parabéns ao profe Ricardo, pola organización desta actividad. De repetirse a viaxe formativa o ano que ven, de seguro que máis de un intentará «colarse» nalgunha das maletas ;))

             Pintxo CSDCPintxo 4 CSDC

Álbum de fotografías

 

 

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.