Unha visita guiada e xantar a cegas
O alumnado do ciclo superior de Guía, información e asistencia turística, ciclo medio de Servizos en restauración e ciclo medio de Cociña, tiveron ocasión de ofrecer a un grupo de 30 persoas afiliadas a ONCE, unha visita guiada por Pontevedra, elaborar un exquisito menú e realizar o servizo no restaurante pedagóxico do noso centro.
Para esta experiencia o alumnado contou con formación específica do centro de recursos educativos da ONCE sobre técnicas de guiado de persoas cegas, elaboración de mapas e planos en relieve e servizo de menús adaptados a persoas con perda parcial ou total de visión.
O alumnado do CS de Guía, ofreceulles unha visita guiada en Pontevedra, onde coñeceron nove establecementos emblemáticos centenarios que aínda se conservan no centro histórico da nosa cidade, todos eles relacionados cos antigos oficios artesáns. Cestería Cestigar, A moda de abaixo, Cerería San Román, Droguería La moderna, Forno Abelleira, Imprenta El Pueblo… A todos eles, os nosos agradecemos pola significativa oportunidade de aprendizaxe que nos brindaron.
A continuación degustamos un delicioso menú, baseado na rica cociña asiática, que estivo elaborado e asistido polo alumnado do ciclo medio de cociña e servizos de restauración respectivamente.
Esta actividade forma parte do proxecto de innovación educativa “ Para ti, para min e para todos” que dende hai 5 cursos poñemos en práctica co noso alumnado, co obxectivo de formar profesionais e cidadáns sensibilizados coa accesibilidade universal, un dereito de todos e para todos. O pasado martes, 28 de marzo, o sorteo da ONCE de RTVE incorporaba a nosa actividade nos seus vídeos «A la carta». Pica aquí para acceder a estes minutiños tan especiais para nos. Moitísimas grazas!