Tender unha man, pero que sexan os ollos
TENDER UNHA MAN, PERO QUE SEXAN OLLOS
Guiar non é fácil, confiar en quen tende o brazo tampouco. Formarse no guiado aos clientes invidentes nun hotel é unha aprendizaxe que require de especialistas, e para iso nada mellor que a organización da ONCE coa que o CIFP Carlos Oroza leva colaborando desde hai anos e que da continuidade ao asimilado previamente en clase.
Recibir a un cliente, acompañalo ata un ascensor, conducir ata o comedor e dar as explicacións oportunas sobre a disposición na mesa, guiar ata o coche, explicar a cidade desde outra óptica…ollar doutro xeito, en definitiva empatizar, é o que fixeron os alumnos de 2º CS Xestión de Aloxamentos, quen ademais de aprender sobre como guiar puxéronse na pel de quen non ve ou apenas ten visión.
Profesorado acompañante- Pilar Novelle e Jose Manuel San Luis
Outras actividades organizadas:
Centro de recursos educativos da ONCE
O tacto e arrecendo dos camelios