Salón Internacional do Turismo Gastronómico «Xantar 2017»
Alí estivemos. Alumnos e profesores do noso centro acudimos á 18ª edición do Salón Internacional do Turismo Gastronómico “Xantar” celebrado en Ourense entre os días 1 e o 5 deste mes de Febreiro e que se configura como unha fiestra da calidade da gastronomía de Galicia a outros lugares do mundo, para favorecer o turismo de proximidade e estreitar relacións comerciais entre empresas do sector.
O Salón contou cunha gran variedade de actividades tanto para profesionais como para o público en xeral: conferencias, talleres didácticos, showcookings ou cursos de catas nas que o noso alumnado tivo a oportunidade de participar. Uns preferiron o Túnel do viño, onde catar as características propias das variedades autóctonas galegas dos viños con Denominación de Orixe de Galicia: CRDO Monterrei, CRDO Ribeiro, CRDO Valdeorras, CRDO Rías Baixas, … Outros escolleron o Túnel do queixo ou o Showcooking Panamá, no que o Chef Charlie Colins explicou os segredos da gastronomía panameña e dos pobos indíxenas, en tanto elaboraba un delicioso «serén de maíz novo con langosta».
Dentro do Aula Gastronómica do Salón tivemos ocasión de compartir espazo coa nosa amiga Escola de Hotelaría e Turismo do Douro-Lamego (Portugal). Profesores e alumnos de ambas escolas ofreceron aos visitantes o showcooking «Un cocido, dous países, un mundo de sabores». O noso agradecimiento á Entidade de Turismo Porto e Norte de Portugal pola organización da actividade.
O broche final ao noso paso por XANTAR puxérono Xabier Pereira e Marcos Sánchez, alumnos de 1º do CS Dirección de Cociña-Dual, que coa súa sobremesa “Espectograma del vino” obtiveron o 2º premio no Concurso “Cocinar con Vino”, de Bodegas Docampo.
Parabéns Xabier e Marcos polo premio e xenial receita, e ao voso profesor, Manuel Cordido, polo seu traballo e implicación.
Vémonos na 19ª Edición !!!