Intelixencia emocional en equipo
Non vemos as cousas tal como son, vémolas tal como somos. Onde algunhas persoas ven un muro, outras ven un peldaño. Nacho Peón, experto en intelixencia emocional e relacións sociais, estivo co alumnado de 1º CS Dirección Cociña, nunha xornada que resultou moi práctica e participativa, tratando temas como o enfoque da vida por obxetivos, relación entre intelixencia e actitude, traballo en equipo e motivación laboral.
O alumnado reflexionou sobre determinados aspectos da vida que moitas veces consideramos como insignificantes, e que sen embargo son a principal garantía do noso éxito persoal e laboral.
Como dicía Jiddu Krishnamurti: » Non é saudable, estar ben adaptado a una sociedade profundamente enferma». Escoitar antes de actuar, pensar antes de reaccionar, esperar antes de criticar, e intentar antes de reaccionar, son eses peldaños que debemos subir paseniño a paseniño no día a día das relación laboráis.
Pica na fotografía para acceder ao álbum.