Saltear al contenido principal

Quedada e xantar entre amigos da asociación Xoán XXIII

Un grupo de 4 alumnas  de 2º CS Guías organizaron  unha quedada cun grupo de 14 usuarios da asociación Xoán XXIII co obxetivo de facer un paseo entre amigos polo centro histórico de Pontevedra, destacando aspectos curiosos, anecdóticos e interesantes da Boa Vila.

Posteriormente houbo un xantar adaptado xunto coa asociación ONCE na aula taller Álvaro Cunqueiro do CIFP Carlos Oroza. O menú foi elaborado polo alumnado de 1º CM Cociña, e 1º CM Panadería e Repostaría e servido polo alumnado de 1º CM Servizos en Restauración.

Estas actividades están enmarcadas dentro do proxecto de  “Turismo para ti, para min e para todos”, no que o profesorado do CIFP Carlos Oroza forma ao alumnado  nas técnicas e destrezas de atención a todo tipo de clientes e visitantes facilitando asi a integración nun turismo adaptado e universal.

Os obxectivos principais  son:

. Poñer en práctica moitos dos coñecementos,  destrezas e habilidades adquiridas polo alumnado durante a súa formación no CIFP.

. Que o alumnado se adapte aos coñecementos e as acapacidades de todo tipo de clientes a hora de  deseñar visitas e actividades turísticas e/ou gastronómicas, coma futuros profesionais do sector da hostalaría e turismo.

. Concienciar ao alumnado na necesidade de loitar na eliminación de barreiras mentais e físicas e demostrar ao sector público e privado que querer é poder,  e que todos podemos e debemos colaborar na integración social.

. Pasar un bo rato paseando entre amigos  pola boa vila e disfrutando dun bo xantar adaptado na aula taller restaurante Álvaro Cunqueiro do CIFP Carlos Oroza.

Álbum da xornada

Vídeos da xornada

Composición do MENÚ
– Aperitivo: Tosta de peixe do día

– Entrante : Crema  vichy con picatostes de xamón

– Plato principal: Tenreira galega estoufada con puré de pataca e verduras

– Postre goloso:  Torta de chocolate con crema de laranxa

Profesorado responsable da actividade:

– Tina Otero: Quedada entre amigos de Juan XXIII

– Menú adaptado: Miguel Caruncho

-Postre: Elena Peleteiro

– Servizo do xantar: Carmen Alvite