Saltear al contenido principal

Porque somos unha piña…

Si, unha piña.

Verbas como liderado, equipo, creatividade ou innovación xa forman parte do diario de abordo do alumnado de 2º curso do CS de Guía, Información e Asistencia Turísticas. Non dubidan de que o clima de traballo e as emocións que cada un aporta como membro dun equipo son a base para realización de calquera proxecto.

“Hacer piña, luego el proyecto” é o título do taller no que participan e que esta semana estivo cheo de ferramentas creativas e dinámicas de traballo en equipo, comunicación e intelixencia emocional.

Pero como non hai equipo sen proxecto, ao día seguinte realizaron un «mapeo colectivo» polas rúas de Pontevedra. O seu proxecto final? Un relato colectivo sobre a vila que estamos tolos por coñecer…

image-2Moitísimas grazas a África, Noelia, Mariem e Cristina do Espazo Arroelo – Coworking.
Este taller continúa !!

Álbum de fotografías da xornada

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.