Saltear al contenido principal

Oroza Fashion Show 2015

Oroza fashion show, un evento simulado moi real, que o  alumnado de 2º CS Xestión de Aloxamentos Turísticos e CS Guía, Información e Asistencia Turísticas realizaron no Pazo da Cultura de Pontevedra, como proxecto final do módulo de Protocolo e Relacións Públicas cun evento simulado pero con todo viso de realidade.

DSC_0102
O alumnado de GUIAT no arranque do desfile

Neste singular evento, no que se misturaron moda e turismo, o alumnado puxo en práctica os coñecementos adquiridos ao longo da súa formación,  planificando todos e cada un dos detalles: recepción de convidados, deseño do logo, protocolo, redacción dos discursos, decisións arredor da etiqueta requerida para a ocasión, centros de mesa…un certame que se iniciou cun cóctel de benvida e photocall do Oroza Fashion Show, continuando co desfile e a entrega dos premios » Agulla Burdeos» e que finalizou coa cea de gala no Pazo da Cultura, ao que tamén asistiron profesorado e equipo directivo como convidados especiais.

1 PORTADA1 PORTADA GUÍAS

 

Álbum do evento