Saltear al contenido principal

OFERTA EDUCATIVA CURSO 2017/2018

OFERTA EDUCATIVA DO CIFP CARLOS OROZA PARA O PRÓXIMO CURSO 2017- 2018

Se queres estudar connosco o vindeiro curso estade ATENTOS !!! En breve vai comezar o proceso de admisión a Ciclos Formativos de Formación Profesional.

A presentación de solicitudes para cursar un ciclo de réxime ordinario será do 26 de xuño ao 4 de xullo, mentres na FP Dual dará comezo nos primeiros días da vindeira semana.

 A OFERTA formativa de ciclos de grao básico, medio e superior abarca:

  • CFPG Básico Cociña e Restauración
  • CFPG Medio Cociña e Gastronomía
  • CFPG Medio Servizos de Restauración
  • CFPG Medio Panadería, Repostería e Confeitaría
  • CFPG Superior Dirección de Cociña
  • CFPG Superior Dirección de Servizos en Restauración
  • CFPG Superior Guía, información e asistencia turística
  • CFPG Superior Xestión de Aloxamentos Turísticos
  • FP Dual 

Neste novo curso 2017-18 imos impartir dous ciclos formativos de grao superior na modalidade de FP dual: o ciclo de Xestión de Aloxamentos Turísticos e un novo ciclo con dobre títulación en Dirección de Cociña e Servizos en Restauracion. Ambos os dous en convenio co grupo Hotusa, o que posibilita realizar o período de estancia na empresa en hoteis de prestixio a nivel internacional da cadea Eurostars Hotels.

Novo!! DOBRE TITULACIÓN. Técnico Superior en Dirección de Cociña + Técnico Superior en Dirección de Servizos de Restauración.

No CIFP Carlos Oroza tes a posibilidade de cursar a dobre titulación de Grao Superior de Dirección de Cociña e Dirección de Servizos de Restauración de xeito simultáneo mediante un itinerario modular obtendo ambas as duas titulacións en tan so tres cursos académicos na modalidade de Formación Profesional Dual alternando en cada un dos cursos períodos de 6 meses no centro educativo e 6 meses de prácticas remuneradas en hoteis da cadea Eurostars Hotels do grupo Hotusa. Recibirás unha bolsa de 500 € polo traballo realizado no período de estancia na empresa, o aloxamento, e a viaxe de ida e volta para cada período formativo.

Estas dúas titulacións permitiranche ser un profesional polivalente, coas actitudes e aptitudes craves tanto para xestionar unha cociña como unha sala. Ademáis, hoxe en día as empresas buscan cada vez máis profesionais polivalentes e coa dobre titulación as oportunidades de inserción laboral multiplícanse.

A dobre titulación é posible debido aos numerosos módulos comúns existentes entre as dúas titulacións de grao superior de xeito que se validan oficialmente, posibilitando así a realización de dous ciclos formativos de grao superior en tres cursos académicos.

Se tes algunha dúbida ou precisas máis información, achégate ao noso centro ou contacta con nós no teléfono 886.159.454.

Pica aquí para acceder á información xeral de admisión na FP para o curso 2017- 2018