Saltear al contenido principal

O Salnés: A golpe de mar

Cantas veces temos dito ao degustar un produto mariño: «como sabe a mar»! Pero o mar tamén se saborea “mollando” os pés. Así o fixeron o alumnado 1º C.S. Guía, información e asistencia turísticas e 1º C.S. Xestión de Aloxamentos, na visita que fixeron en Cambados con Patricia, da asociación de marisqueiras de GUIMATUR, e guía por un intre, quen mellor para explicar a vida da ría que unha persoa que vive por e para o mar.

Ambos grupos
1º GUIAT e ALOXAMENTOS tras a inmersión na ría
collimos miñocas
Alumnas con dúas miñocas
Con ramón Cabanillas
Ramón Cabanillas compartindo banco con dúas alumnas
coñecendo o barrio San Tomé coas veciñas
Conversa cunha muller de Cambados

 

 

Posteriormente visitaron Cambados coa técnico de turismo Marién González e a guía Fátima Tirado, ex- alumna do CIFP Carlos Oroza que actualmente traballa no concello.

Tamén percorreron Combarro a través dun paseo comentado polo alumnado de GUIAT, poñéndose na pel de moitos  protagonistas da vila a través da súa peculiar historia, coma Dona Urraca, raíña de Galiza no S.XI, quen donou o porto de Combarro ao mosteiro de Poio, ou Cándido Pérez  mariñeiro emigrado a Arxentina e pai do Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel,  e sen esquecer a Merchi «a lixeira», unha das moitas redeiras da vila. Como non podía ser doutro xeito, tamén tiveron ocasión de disfrutar dunhas boas sardiñas e mexillóns acompañados con pan de millo, nun marco incomparable coma o peirao da praia de Padrón, antigo camiño real.

Álbum da xornada

eu tamén quero probar
O alumnado tamén pudo comprobar canto tempo leva coller unha ameixa fina

  mariscador novato