
O Hotel Casual continua a súa andaina
Nesta ocasión, a aula Hotel Casual recibiu a un grupo de turistas británicos que decidiron pasar uns días de lecer en Pontevedra. Na visita-simulación, que durou uns 40 minutos, houbo intérpretes de hóspedes británicos acompañados da súa profesora de inglés Eugenia de Saá, quen supervisou os diálogos como exercicio oral para o grupo de 1º de Guía, información e asistencia turística.

Teresa Barreiro e Ana Beatríz López, profesoras de FOL e Hostalaría e turismo respectivamente, supervisaron a documentación e trámites que xorden tanto no front-office como os que posteriormente pasan ao back-office.


