Visita á Quinta de San Amaro
Nada permanece neste mundo, nin siquera os nosos problemas, nada máis recibirnos Nacho Crespo da Quinta de San Amaro, o alumnado do CS Xestión de Aloxamentos Turísticos de 1º curso xa reparou de que estaban ante un hotel rural *** e restaurante que por algo é un referente na oferta con encanto baseada no enoturismo, que destaca pola súa persoal decoración e deseño de acolledores espazos, alén de pola súa calidez na benvida.
Da man de Nacho, un dos socios propietarios, recibimos unha extraordinaria e cálida benvida, transmitíndonos a súa experiencia desde os seus inicios, posta en marcha, xestión e comercialización, cunha paixón que se podía apreciar ademáis no encanto das súas instalacións, e sobre todo, na especial orientación cara ao cliente, baseada nun trato personalizado moi cercano, no que coidan os máis mínimos detalles adaptándose a cada tipo de persoa que acolle a Quinta de San Amaro.
O alumnado sentiu na súa popia pel o que é ser ben atendido, retornando ás súas casas cun gran sonriso e coa intención de voltar como clientes algún día, ou mellor aínda, como parte do equipo que traballa con él neste agarimoso e amable establecemento.